- Ecoloxistas en Acción súmase ao movemento popular e espontáneo de solidariedade para salvar os Montes de Tameiga participando na votación aberta polo Celta e propoñer “Tameiga Resiste” como novo nome para a renovada grada de “Marcador” no estadio de Balaídos.
- A organización ecoloxista anima aos siareiros do Celta e cidadanía de Vigo a participar nesta votación e amosar así o rexeitamento a pelotazos urbanísticos que destrozan montes comunais.
A propósito da votación aberta polo Celta de Vigo para propoñer e escoller unha nova denominación para a remozada grada de “Marcador”, xurdíu estes días un movemento espontáneo e popular que propón o nome de «Tameiga Resiste» para dita grada.
Ecoloxistas en Acción asegura que ten constancia de que centos de siareiros celestes e veciñanza da comarca deVigo están promoviendo e votando esa denominación na web habilitada polo Celta de Vigo. Desde a organización ecoloxista animan a ciudadanía a participar e mandar así unha mensaxe sobre a necesidade de preservar a natureza da contorna.
«Como siareiro celtista prefiro que Marcador siga sendo Marcador, pero apoio está iniciativa para amosar que o celtismo non comulga coas ilegalidades e pelotazos urbanísticos en montes comunais. Os pelotazos no campo de fútbol, non nos montes comunais.» afirma Xaquín Pastoriza, coordinador de Ecoloxistas en Acción Rías Baixas.
A organización ecoloxista insta a Xunta de Galicia a retirara a calificación de interese autonómico a un proxecto baseado nunha construcción que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou ilegal en sentencia firme.
“A Xunta non pode seguir blanqueando este despropósito urbanístico de construir un edificio de case 3.000 m2 , cando pola cualificación do solo rústico de especial protección, só podían construirse uns pequenos vestiarios e almacéns” recalcan desde Ecoloxistas en Acción.
