O Goberno municipal avanzou que esta fin de semana foi
preciso proceder ao peche do acceso á praia do Vao polos danos que o temporal causou
tanto no areal como na duna.
Para poder iniciar canto antes os traballos de recuperación, o Concello disporá dunha brigada
do servizo de Medio Ambiente que executará as tarefas necesarias para ir devolvendo a praia
progresivamente ao seu estado previo. Con todo, cómpre agardar a que o ciclo natural do
mar contribúa á recuperación do areal, que amosa unha perda importante de area.
Ademais, a malla de protección da duna sufriu danos importantes, chegando a desprenderse
as estacas que suxeitan a rede, polo que é preciso iniciar a súa recuperación en canto sexa
posible. Como é sabido, o Concello leva tempo traballando na recuperación e conservación do
Espazo Natural de Interese Local (ENIL) do Vao.
Dada esta situación provocada polo temporal, o acceso á praia do Vao permanecerá pechado
mentres sexa necesario para a súa protección
