Vigo, Galicia
General Vigo

APAMP realiza su IV intervención artística “Fora de encadre”

O acto tivo lugar este venres, 16 de decembro, na entrada do noso centro de día e ocupacional ubicado na rúa Miguel Hernández número 1

APAMP (Asociación de familias e persoas con parálise cerebral) ha celebrado este venres 16 de decembro, a súa IV intervención artística “Fora de Encadre”. Un proxecto que culmina tras tres meses de traballo realizado polos homes e mulleres de APAMP e que contou coa colaboración de artistas de renome como Din Matamoro, Pilar Álonso e Teresa Meixide.

“Fora de encadre” ten como idea xeradora a transformación do espazo urbano nunha superficie múltiple onde poder intervir plásticamente de maneira colectiva, mesturando poesía, muralismo e arte urbana. “Fóra de encadre” fai referencia ao que está máis alá do cadro, o que non sae na foto, pero existe igualmente, a posibilidade de imaxinar espazos infinitos, onde non existen barreiras.

“Los lienzos se pintaron con la idea de que la materia, sus colores y gestos se desbordaran por los límites del cuadro sobre el plástico de las mesas. Les enseñamos que lo que sucedía era tan o más interesante de lo que habían logrado en los cuadros”, resalta Din Matamoros.

Esta intervención está adicada a poeta Miriam Ferradáns, quen recitou un dos seus poemas, e deixará a pegada dun dos seus versos nesta intervención.

Fora de Encadre” é un anaco do proxecto “Di Verso”, un proxecto que ten como finalidade xerar un entorno que destaque pola súa beleza, ó mesmo tempo que crear un espazo de arte e poesía  en toda a contorna da rúa Miguel Hernández. “Fora de Encadre” supón a terceira intervención deste proxecto que a entidade realiza nesta rúa, xa que o pasado mes de xullo  inaugurábamos o mural “Malas Herbas” adicado a poeta Pilar Álvarez e hai dos anos intervímos outra das fachadas coa colocación do mural “Desbarrando na rúa”, adicada a poeta Nuria Vil.

No acto contamos coa presenza da delagada da Xunta en Vigo, Dna Marta Fernández Tapias e coa Conselleira de Política Social, Dna Yolanda Aguiar, o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igresas, entre outros invitados.

Deja una respuesta