Vigo, Galicia
General Política

Amnistía Internacional pide a Gabri Veiga que, tras su fichaje por el club saudí Al-Ahli, llame la atención sobre cuestiones de derechos humanos

  • Logo da súa fichaxe polo club saudita Al-Ahli, Amnistía Internacional pediulle, a través da súa conta de Instagram, a Gabri Veiga que chame a atención sobre cuestións de dereitos humanos en Arabia Saudí.

Mariana Jorge Lozano, portavoz de Amnistía Internacional en Vigo, declarou:

“A fichaxe de Gabri Veiga polo Al-Ahli forma parte dun patrón máis amplo de Arabia
Saudí de tentar branquear a súa imaxe a través do deporte. Fichaxes como a de
Gabri Veiga, así como as doutros xogadores de sona mundial como Cristiano
Ronaldo, Benzema ou Neymar, entre outros, non poden desviar a atención respecto
ao terrible historial de dereitos humanos de Arabia Saudí. Facemos un chamamento a
Gabri Veiga para que utilice a súa considerable plataforma pública para chamar a
atención cara aos problemas de dereitos humanos de Arabia Saudí.”
O alto número de execucións, a falta de dereitos das mulleres ou a restrición da
liberdade de expresión son algunhas das violacións de dereitos humanos máis
importantes en Arabia Saudí. O ano pasado, Arabia Saudí executou polo menos a
196 persoas, 81 persoas delas tan só nun día. Moitas das persoas condenadas a
morte non tiveron un xuízo xusto e se tiveron en conta “confesións” obtidas baixo
tortura. Por outra parte, a lei permite a discriminación das mulleres, por exemplo
mediante a tutela masculina. En virtude dela, só os homes poden ser titores legais; as
mulleres deben ter o permiso dun titor home para casar e, unha vez casadas, están
obrigadas a obedecer ao seu marido. As autoridades sauditas continúan ademais a
súa represión da liberdade de expresión e asociación, e impuxeron fortes penas de
prisión a defensores e defensoras dos dereitos humanos, activistas políticos e dos
dereitos das mulleres como Salma al Shehab, condenada a 27 anos de prisión por
tuitear a prol das activistas dos dereitos das mulleres. Milleiros de persoas foron
sometidas a desaloxos forzosos na cidade de Yeda, onde xoga o Al-Ahli.
Tamén é moi preocupante a participación de Arabia Saudí no conflito de Iemen.
Amnistía Internacional e outras ONG denunciamos durante anos a comisión de máis
de 300 presuntos de crimes de guerra entre 2015 e 2022 en Iemen en bombardeos
da coalición internacional encabezada por Arabia Saudí e Emiratos Árabes Unidos,
na que a ONU cualificou da peor catástrofe humanitaria, alimentadas por
transferencias de armas europeas e estadounidenses por valor de centos de millóns
de dólares, incluídas armas españolas por importe de máis de 1.600 millóns de euros
entre 2015 e 2022. En 2022, expertos das Nacións Unidas fixeron públicas diversas
comunicacións segundo os cales as forzas de seguridade sauditas supostamente
causaron a morte de aproximadamente 430 migrantes e feridas a outros 650 en
bombardeos e disparos transfronteirizos entre xaneiro e o 30 de abril de 2022.
Persoas migrantes e solicitantes de asilo sufriron graves violacións de dereitos
humanos, incluídos homicidios, torturas, detencións arbitrarias e abusos sexuais.
Igualmente, Arabia Saudí foi acusada de cometer homicidios masivos de persoas
migrantes e solicitantes de asilo etíopes na fronteira con Iemen entre marzo de 2022
e xuño de 2023, abusos sistemáticos que poderían constituír crimes contra a
humanidade, mentres gastan miles de millóns nun branqueo a través do deporte para
tentar mellorar a súa imaxe”.
“Gabri Veiga non debe permitir que a súa fichaxe se converta nunha ferramenta máis
de Arabia Saudí para branquear a súa imaxe. Do mesmo xeito que fixemos con
outros destacados futbolistas, desde a nosa organización pedímoslle que non permita
que a súa condición de celebridade se converta nunha ferramenta para lavar a imaxe
de Arabia Saudí. Debe aproveitar a súa estancia no Al-Alhi para denunciar a enorme
cantidade de problemas de dereitos humanos de Arabia Saudí”, segundo a voceira
local de Amnistía Internacional.
Polos dereitos humanos en todo o mundo. Premio Nobel da Paz (1977)
Declarada de utilidade pública (Acordo do Consello de Ministros, 31 de xullo de 1981)
Páxina 2 de 2
AMNISTÍA INTERNACIONAL
Vigo
Marqués de Valladares 12, 3º,
oficina 9
36201 VIGO
T: 698119395 comunicacion.vigo@es.amnesty.org
www.es.amnesty.org
Información complementaria
Segundo diversos medios de comunicación, o club saudita pagaría 35 millóns de
euros pola fichaxe de Gabri Veiga, que cobraría un soldo de 12 millóns netos por
tempada.
A fichaxe de Gabri Veiga é unha máis na longa lista de xogadores que asinaron
contratos con varios equipos da liga saudita, como Cristiano Ronaldo, Karim
Benzema ou Neymar Jr., entre outros. Estas fichaxes forman parte dunha gran
campaña de sportwashing, é dicir, branqueo deportivo, por parte de Arabia Saudí.
Este tipo de campañas son levadas a cabo por algúns dos gobernos que menos
respectan os dereitos humanos, que buscan limpar a súa imaxe dentro, pero sobre
todo fóra das súas fronteiras, a través da súa vinculación co deporte. Para iso,
organizan grandes eventos deportivos, atraen a grandes estrelas, patrocinan equipos
e mesmo se converten en propietarios dos mesmos

Deja una respuesta