Vigo, Galicia
Vigo

Amigas de los Árboles solicita al Ayuntamiento de Vigo y a la Estación Fitopatolóxica del Areeiro un informe sobre las causas de la caída del Pittosporum undulatum monumental en la Alameda

A Asociación Amigas das Árbores alerta sobre o impacto das actividades masivas na
Alameda de Vigo, como a feira Cíes Market, e esixe unha investigación técnica que
determine as causas da caída onte dunha das árbores emblemáticas do xardín histórico.
Unha perda significativa para o patrimonio natural de Vigo
O recente colapso dun Pittosporo undulatum monumental no xardín histórico da Alameda
de Vigo, durante a borrasca Herminia, representa unha grave perda para o patrimonio
natural e cultural da cidade. Este exemplar, parte esencial dun espazo catalogado polo
seu valor histórico, sufriu unha caída que podería ter causas máis aló das condicións
meteorolóxicas extremas.
Tal e como ten xa denunciado, a Asociación Amigas das Árbores considera que o impacto
acumulado das actividades realizadas na Alameda, especialmente a instalación anual do
Cíes Market, podería ser un factor coadxuvante. A compactación do solo pola circulación
de maquinaria pesada e a alta afluencia de persoas, así como a presión sobre as raíces e
a perda doutros exemplares próximos, poderían ter contribuído a debilitar a estabilidade
da árbore.
Unha chamada á responsabilidade institucional
Amigas das Árbores presentou un escrito formal ao Concello de Vigo solicitando:

  1. Un informe técnico completo sobre as causas da caída: avaliando o estado do
    solo, as raíces do exemplar e o impacto das actividades realizadas na Alameda.
  2. Consulta á Estación Fitopatolóxica do Areeiro: para obter unha análise
    independente e experta que identifique todos os factores que contribuíron á caída
    do Pittosporum undulatum monumental.
  3. Medidas preventivas:realizar avaliacións urxentes do estado doutras árbores da
    Alameda e revisar o uso do xardín histórico como espazo para eventos masivos
    que poidan poñer en risco o seu patrimonio natural.
    Segundo un representante da Asociación:
    «Non só debemos lamentar esta perda, senón actuar con responsabilidade para evitar que
    volvan ocorrer casos similares. A Alameda é un espazo protexido que merece ser tratado
    con coidado e respecto, afastándoo de actividades incompatibles cos seus valores
    culturais e naturais.»
    Impacto das actividades na Alameda
    Amigas das Árbores denuncia que actividades como o Cíes Market, que ocupa a Alameda
    durante catro meses ao ano, están xerando un impacto acumulado que pon en perigo a
    súa integridade. Entre os efectos identificados pola Asociación, destacan:
  • Compactación do solo, dificultando a absorción de auga e nutrientes polas raíces.
  • Afectación á estabilidade e saúde das raíces estruturais e de ancoraxe.
  • Perda de masa arborada e desintegración da rede radicular subterránea, que
    ofrece protección mutua entre as árbores.
    Unha oportunidade para cambiar
    A caída do Pittosporum monumental debe ser un punto de inflexión para repensar a
    xestión do xardín histórico da Alameda. A Asociación fai un chamamento ao Concello e á
    cidadanía para que se adopten medidas urxentes de preservación e se reavalié o uso do
    espazo para eventos que poidan comprometer o seu futuro.
    Documentación adicional:
    •Fotografías do exemplar caído e do impacto na Alameda.
    •Denuncia anterior de Amigas das Árbores sobre o impacto do Cíes Market na
    conservación da Alameda
    •Escrito á Dirección xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia para que exerza as
    dúas competencias de protección do Xardín Histórico da Alameda de Vigo

Deja una respuesta