Vigo, Galicia
Vigo

Amigas das Árbores de Vigo reclama la protección efectiva de los árboles en el nuevo proyecto urbanístico de María Berdiales

A Asociación Amigas das Árbores de Vigo presentou esta semana un escrito oficial dirixido ao
Concello de Vigo no que expresa a súa fonda preocupación pola posíbel eliminación de tres árbores de gran porte no ámbito do
novo proxecto de urbanización nas rúas Hernán Cortés e María Berdiales.
Segundo a información dispoñible, o proxecto inicial contemplaba a conservación expresa destas árbores senlleiras, tal e como
recollían os documentos urbanísticos e varias noticias en medios de comunicación locais.
Porén, Amigas das Árbores alerta de que a promotora estaría a preparar a súa eliminación, empregando o habitual pretexto do
“transplante”, fórmula que xa foi utilizada en anteriores ocasións con resultado fatal para o arborado afectado.
Cedros de Don Bosco: un precedente perigoso
A Asociación lembra o precedente da tala dos cedros da Ronda de Don Bosco, que inicialmente figuraban como “a conservar” e
que finalmente foron eliminados durante as obras de humanización. Esta práctica repítese —advirten— como estratexia para
evitar a oposición social durante as fases iniciais das obras.
Normativa clara e obriga de conservación
No escrito, Amigas das Árbores cita varios marcos normativos e obrigas incumpridas:

  • O artigo 4 da Ordenanza Municipal de Zonas Verdes, que establece a obrigatoriedade de conservar o arborado urbano
    existente.
  • O prego técnico do contrato de mantemento de zonas verdes, que só permite o transplante de árbores de gran porte con
    criterios técnicos estritos e autorización municipal.
  • As directrices europeas de adaptación ao cambio climático, que priorizan a conservación de árbores maduras como
    mitigadores da illa de calor urbana.
    Medidas urxentes solicitadas
    A Asociación solicita formalmente ao Concello:
  1. Que se verifique que as árbores sinaladas como “a conservar” non sexan eliminadas nin transplantadas.
  2. Que se garanta a transparencia, remitindo os informes técnicos sobre o tratamento do arborado.
  3. Que se exixa á promotora o cumprimento estrito do proxecto aprobado e que calquera actuación sobre as árbores conte
    cun informe técnico municipal específico.
  4. Que se responda por escrito dentro do prazo legal coas medidas previstas para garantir a protección efectiva destas
    árbores.
    Accións legais se continúa o abandono institucional
    Amigas das Árbores advirte que, de non atenderse esta demanda,valorará emprender accións legais e administrativas, así como
    iniciar unha campaña de denuncia pública.
    “A destrución do arborado urbano non é un dano colateral, é unha agresión ambiental reiterada que se disfraza baixo promesas
    de conservación que logo se incumpren”, afirma Beatriz de Labra, presidenta da Asociación
Amigas das Árbores de Vigo reclama la protección efectiva de los árboles en el nuevo proyecto urbanístico de María Berdiales
Amigas das Árbores de Vigo reclama la protección efectiva de los árboles en el nuevo proyecto urbanístico de María Berdiales

Deja una respuesta