Vigo, Galicia
Vigo

Alumnos del colegio Montesol llevan el proyecto salvavidas al Álvaro Cunqueiro

– O hospital celebra o Día Nacional do Doador de Órganos cun acto conxunto no que participaron os alumnos do centro escolar e as Asociacións ADROVI e ALCER

Baixo o lema “Únete a nós, doa” o proxecto de Montesol pretende concienciar dos beneficios da doazón e o transplante para a sociedade

O Programa educativo Salvavidas, realizado en colaboración con Sanidade e a e Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), enmárcase no Plan Proxecta da Consellería de Educación

-A Área Sanitaria de Vigo conta con 34.000 tarxetas de doadores, o 28% do total de Galicia

O Hospital Álvaro Cunqueiro celebrou hoxe o Día Nacional do Doador cun acto conxunto no que participaron estudantes e docentes do Centro Educativo Montesol de Vigo e representantes das Asociacións ADROVI e ALCER.

O colexio presentou a súa obra, unha maqueta-mural, realizada polo alumnado da ESO, co obxecto de dar a coñecer e promover a doazón de órganos e transplantes. Baixo o lema, “Únete a nós, doa”, a obra estará exposta na área de Consultas externas de pediatría do Álvaro Cunqueiro.

Neste evento tiveron especial protagonismo un grupo de 40 alumnos e alumnas participantes no proxecto, de entre 12 e 15 anos, xunto co director do centro, Javier Ojea Cendón e as coordinadoras do proxecto, Cristina Diaz e Ana Pousa. Tamén asistiron o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente; o coordinador de Transplantes, Lucas Lage; o presidente de ADROVI (Asociación de Doadores e Receptores de Vigo), Celso García; e a representante de ALCER (Asociación de Enfermidades Ril), Sara Martinez.

Cadea Humana

A maqueta mural, realizada en madeira,simboliza unha cadea humana de doazón de órganos que representa a diferentes sectores e profesionais da sociedade.

No transcurso da inauguración, o xerente Javier Puente, tivo palabras de agradecemento “tanto para as asociacións, polo labor continuada en pro da doazón como para o Colexio Montesol, xa que un ano mais reforzan o seu compromiso coa promoción da doazón de órganos ”.

Pola súa banda, o director do Centro Educativo, Javier Ojea e dous representantes dos alumnos, Leire Vázquez e María Pérez de 3ºda ESO, expresaron tamén o seu agradecemento ás institucións colaboradoras e ao Hospital Álvaro Cunqueiro pola súa receptividade e apoio ao abrir as súas portas a este proxecto.

E para rematar, dado que o acto da doazón ten moito de máxico, a maxia de dar vida, o acto finalizou coa colaboración desinteresada do “Mago Cali” da Fundación Abracadabra, que sorprendeu aos nenos e nenas cunha actuación chea de sorpresa

Programa Salvavidas

O Programa educativo “Salvavidas” do Centro Montesol, desenvolvido coa colaboración da Consellería de Sanidade e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, enmárcase no Plan Proxecta, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Os obxectivos a conseguir son os seguintes: afianzar os conceptos en torno ao proceso de doazóns e transplantes, proporcionar información e recursos concretos de aplicación na aula, compartir coñecementos e experiencias coas persoas implicadas (doadores/as, pacientes en espera de transplantes, persoas transplantadas, familiares e persoal sanitario) e impulsar actitudes solidarias cara á doazón.

Obradoiros clínicos

Para aproveitar a presenza deste grupo de alumnos no hospital e como mostra de agradecemento por esta iniciativa solidaria, a Área de Vigo de Vigo organizoulles unhas actividades de educación sanitaria.

Un obradoiro de RCP (Resucitación Cardiopulmonar) na que especialistas do servizo de Medicina Intensiva adestráronlles no manexo das técnicas básicas de RCP que permiten salvarvidas.

A área viguesa conta con 34.000 tarxetas de doadores

A Área Sanitaria de Vigo superou as 30.00 tarxetas de doadores de órganos e no momento actual ten rexistradas 33.954 tarxetas de doadores; o 27,6% do total de Galicia.

Deja una respuesta