Vigo, Galicia
Galicia Política Vigo

Alfonso Rueda cree que este 23-J la ciudadanía buscará la unidad, la concordia y la serenidad que el PP brinda en Galicia y España necesita

O presidente do PPdeG destaca que “a solvencia e a estabilidade que intentamos ofrecer en Galicia é o que queren os españois e o que Alberto Núñez Feijóo ofrece” e que estas eleccións serán a oportunidade de que “a política española empece a parecerse un pouco máis á política galega”

De Ana Pastor, Rueda destacou a súa solvencia, fiabilidade, boa xestión, centralidade e rigor: “Ela é unha política moderada e a moderación leva á responsabilidade

Ana Pastor considera “interminable” a lista de incumprimentos de Sánchez con Galicia e a cidade, citando a Saída Sur, a autovía A-55 en túnel entre Vigo e O Porriño, a reforma da avenida de Madrid, o soterramento da VG-20 ou o vial de entrada ao Porto de Bouzas por estrada

A número 1 ao Congreso pola provincia aposta pola chegada de Feijóo á presidencia do Goberno para garantir o crecemento da economía española: “É un obxectivo inaprazable porque, se non crecemos con intensidade, non poderemos superar os retos que temos por diante

video
play-sharp-fill

5 de xullo de 2023. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, amosouse convencido de que nas eleccións do 23 de xullo “a maioría da cidadanía buscará a unidade, a concordia e a serenidade que desde hai tempo intentamos brindar en Galicia e que chegou o momento de que chegue tamén a España”.

Así o asegurou hoxe nun almorzo-coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, onde o líder dos populares galegos foi o encargado de presentar á número 1 do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor. Dela destacou a súa

solvencia, fiabilidade, boa xestión, centralidade e rigor: “Ana encarna eses valores que buscan a maioría dos españois”.

Rueda destacou a traxectoria da candidata popular e a importancia de “saber de onde vén unha persoa, onde está, onde quere ir e o que quere facer”. Algo que vinculou á súa capacidade de xestión, que definiu como “a capacidade de intentar converter en realidades en avances as oportunidades e as capacidades que a cidadanía pon en mans dos políticos”.

“Nuns momentos nos que os que aqueles que nunca xestionaron ou o fixeron mal desprestixian a capacidade de xestión, quero destacar que Ana Pastor é unha xestora. Unha persoa que non necesita recorrer á descualificación ou a discursos incendiarios para defender os seus argumentos. Ela é unha política moderada e a moderación leva á responsabilidade”, remarcou.

Outra das características que, segundo o presidente do PPdeG, é propia da cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra, é o rigor. Unha calidade que definiu como “o cumprimento da palabra dada e do que se dixo que se ía facer”.

En clave electoral, Rueda concluíu que “a solvencia e a estabilidade que intentamos ofrecer en Galicia é o que queren os españois e o que Alberto Núñez Feijóo ofrece” e que o próximo 23 de xullo será a oportunidade de que “a política española empece a parecerse un pouco máis á política galega”.

ANA PASTOR: “ESTAMOS ÁS PORTAS DO CAMBIO QUE ESPAÑA ESPERA E MERECE”

A número 1 da candidatura do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, asegurou que “estamos ás portas do cambio que España espera e merece” e que o compromiso de Alberto Núñez Feijóo é lograr que a española sexa unha das tres economías que máis crezan da UE nos catro próximos anos e supere os 22 millóns de afiliados.

“Non é unha opción, é un obxectivo inaprazable porque, se non crecemos con intensidade, non poderemos superar os retos que temos por diante. Mellorar na débeda, no déficit e na competitividade supón contar cunha economía que nos permita soster, garantir e ampliar as políticas sociais e de benestar”, explicou.

Pastor falou da “interminable” lista de incumprimentos de Sánchez en Galicia e na provincia de Pontevedra, poñendo como exemplo a falta de compromiso coa Saída Sur para o AVE Vigo-Porto, a falta de planificación co Corredor Atlántico de

mercancías, e a non chegada dos trens Avril que deberían ter facilitado a alta velocidade a Vigo.

Recordou neste sentido que o PP xa apostou pola extensión da liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia ata Vigo por Cerdedo e, nos orzamentos de 2016, xa incluía unha dotación para este proxecto; pero “o Goberno socialista non quixo mover ficha”.

Ademais, incidiu en que “segue sen concretarse a autovía A-55 en túnel para unir Vigo e O Porriño e non hai avances na reforma da avenida de Madrid desde que, estando eu a cargo do Ministerio de Fomento, asinamos un acordo co Concello”. Outro tanto sucede, engadiu, co soterramento da VG-20 ou o vial de entrada ao Porto de Bouzas por estrada.

Respecto aos fondos europeos, a candidata denunciou que Galicia “sufriu particularmente as consecuencias dun reparto caprichoso e partidista dos fondos europeos”. Poñendo sobre a mesa os 473,7 euros per cápita recibidos por parte do Goberno central: “Un 23% menos que as comunidades nas que, ata o de agora, gobernaba o PSOE”.

“Resulta dramático o abandono do sector industrial por parte do Goberno socialista: dos 42.000 millóns de euros que recibiu España para a industria, apenas asignou o 20%. E proxectos como os de Stellantis, Altri ou Resonac, con centos de traballo en xogo, seguen na incerteza”, afirmou.

Fronte a isto, puxo como exemplo que Galicia “conta cun Goberno que non perde de vista a enorme importancia que a industria ten para xerar emprego de calidade e riqueza” e que, grazas a iso e “a pesar do escenario desfavorable agravado pola mala xestión sanchista”, no que vai de ano o Índice de Produción Industrial na Comunidade creceu un 7,2% e multiplicou por dez o crecemento de España, que foi do 0,7%.

“Desde que goberna Sánchez, o IPC aumentou un 15,78% e a inflación subxacente, un 14,05%. O prezo dos alimentos disparouse un 40% e temos a tarifa eléctrica un 22% máis alta que a media europea”, explicou ao tempo que sinalaba que “a lista de incremento de impostos é interminable e batemos récords de recadacións, sendo o esforzo dos españois un dos máis altos da UE”.

Unha situación que contrastou co que acontece en Galicia, con medidas como a equiparación das familias de dous fillos coas numerosas, a deflactación dos tres

primeiros tramos do IRPF, a bonificación do imposto de patrimonio, os impostos cero no rural ou a eliminación dos impostos de sucesións.

Entre os retos e propostas do futuro goberno popular de Alberto Núñez Feijóo, a cabeza de lista do PP de Pontevedra ao Congreso salientou a implantación de medidas para dar facilidades e seguridade para o investimento e o emprendemento, o control do gasto público coa redución dos 22 ministerios e “os centenares de asesores e altos cargos do Executivo de Sánchez”, o aumento da transparencia, a axilización da chegada dos fondos europeos á economía real, unha estratexia nacional de reindustrialización ou a ampliación e modernización da rede nacional de infraestruturas.

Deja una respuesta

Hide picture