Vigo, Galicia
Vigo

Abel Losada subdelegado del Gobierno en Pontevedra, celebra el patrón de la Policía Nacional desatacando “la suerte de vivir en Vigo, una ciudad extraordinariamente segura”

  •   “Desde que son subdelegado do Goberno todos os alcaldes e alcaldesas, de tódolos signos políticos, piden máis Policía e máis Garda Civil”
  •    O comisario-xefe Local Ramiro Gómez apelou “ao esforzo constante que desenvolvemos para adaptarnos e ser a nova policía do futuro”
  •  Entregáronse condecoracións honoríficas a varios axentes polo seu labor destacado e recoñeceuse por parte da Policía a Institucións e colectivos que colaboraron durante o último ano coa Policía, entre elas ao Concello de Vigo

 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, presidiu os actos do Día da Policía Nacional en Vigo cun discurso no que enxalzou “a sorte que temos de vivir nunha cidade extraordinariamente segura”, grazas ao magnífico traballo dun Corpo que é “garantía de paz, seguridade e convivencia, porque a Democracia non é máis que as normas que nos demos entre todos/as”. Nesta liña, criticou “algunhas voces desafortunadas que tratan de pintar un panorama irreal e xogan demagoxicamente coas estatísticas policiais”.

Doutra banda, destacou “a exemplar colaboración entre Policía Nacional e Policía Local, o que é o mesmo, entre comisaría Concello” para acadar os excelentes resultados en materia de seguridade que presenta Vigo. Referíndose aos axentes presentes, afirmou que “tedes motivos máis ca de sobra para vestir con orgullo o uniforme azul porque sodes un dos grandes baluartes da nosa democracia”.

Aos actos do Día dos Anxos Custodios asistiron boa parte da dotación da Comisaría de Vigo-Redondela, encabezada polo comisario-xefe local, Ramiro Gómez. Entre os asistentes figuraba tamén o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas,  o delegado da Zona Franca, David Regades, e demais autoridades.

Na súa intervención Abel Losada recordou que España cometeu no seu pasado recente o erro de pensar que podía saír dunha crise económica recortando nos servizos públicos, tamén nas dotacións policiais, “e quedou claro que eses recortes páganse moi caros e, ao final, hai que revertelos porque a sociedade acaba esixíndoo”. Engadiu que o debate agora, tralas maiores convocatorias de prazas da historia, empeza a ser “xa non o de cubrir tódalas prazas das comisarías, senón o de ampliar catálogos”.

O subdelegado destacou que nos 9 meses que leva neste cargo “non oio máis que peticións de máis policías e máis gardas civís por todas partes” e incidiu en que “tódolos alcaldes e alcaldesas, de tódolos signos políticos están nesa petición, algúns en voz alta e outros en voz baixa; mesmo nestes intres, cando hai máis axentes que nunca”.

Alertou tamén do reto que supón a irrupción da ciberdelincuencia trala pandemia, ata o punto de que a Policía de hoxe xa non só patrulla e investiga “delitos presenciais”, senón, cada vez máis, delitos que se perpetran a distancia. Neste senso, puxo en valor o traballo do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) co seu teléfono gratuíto 017 e o impulso da Policía Nacional e a Garda Civil ao Plan Director para traballar a prol da seguridade coas comunidades escolares, así como o Plan Maior, para traballar coas persoas de idade.

O comisario xefe local de Vigo-Redondela, Ramiro Gómez, falou sobre a complexidade dos retos de futuro que encara a Policía nun mundo en continuo cambio “e que esixen dun permanente esforzo de adaptación”. Así apelou tamén “ao esforzo constante que desenvolvemos para ser a nova policía do futuro porque os tempos cambian e hai que enfrontarse aos novos tipos de delincuencia, sempre baixo a premisa de defender os dereitos e liberdades nas que se basea a seguridade humana”.

Abel Caballero subliñou que “durante dous séculos a Policía Nacional vertebrou España garantindo un ben indestimable como é a seguridade” O alcalde rendiu tributo ao Corpo en nome da cidade. “Sabemos o que representades e significades, por iso isto é moito máis ca un día”. Finalmente lembrou que a Policía Nacional recibe este ano a medalla de ouro da cidade. Polo seu lado, Digna Rivas incidiu en que “en Redondela sabemos ben da seguridade que ofrece saber que sempre estadea aí”.

No transcurso do acto entregáronse condecoracións honoríficas a varios axentes polo seu labor destacado no cumprimento das súas funcións. Tamén se recoñeceu por parte da Policía a Institucións e colectivos que colaboraron durante o último ano coa Policía, entre elas ao Concello de Vigo.

Deja una respuesta