Vigo, Galicia
General Política Vigo

A.V. de Teis, coloca simbólicamente unos aseos, para denunciar el abandono de la ETEA.

Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, está mañá colocou simbolicamente unha replica duns aseos na praza para denunciar

O acto simbólico, é para unha vez máis demandar da Xunta de Galiza e do Concello de Vigo, unha resposta a demanda desde hai anos, de dotar aos terreos da ETEA duns aseos públicos.

No período de verán son moitos os/as veciños/as que nos achegamos aos terreos da ETEA, para poder desfrutas deste espazo en contacto coa ría, pero carecemos dun simple aseo, xerando un problema de hixiene.

A falta duns simples aseos nos terreos da ETEA, é unha evidencia máis do abandono dos terreos da ETEA.

Isto non queda só na falta duns aseos, levamos agardando 4 anos, pola anunciada construción da residencia para maiores, que seica vai realizar a fundación Amancio Ortega, pero aínda non se colocou nin a primeira pedra.

Tamén, é necesario mellorar os espazos públicos na beiramar ( parque público peirao e paseo marítimo) cada un destes espazos presentan deficiencias, non hai papeleiras no peirao e no paseo marítimo, as pistas deportivas do parque están deterioradas, hai mellorar o mantemento do espazos verdes, …

Por último, consideramos necesario unha coordinación entre a Xunta de Galiza e o Concello de Vigo, para o desenvolvemento dos terreos da ETEA, despois de case 20 anos da saída dos militares

Deja una respuesta